Cando te atopas con algo que realmente te gusta, non hai medias tintas ou si ou non, as dubidas non existen. Eu estudien arte en COU, creo, e sinceramente digo que disfrutaba a asignatura, pero como moitas outras cousas, non lle prestei demasiada atención, simplemente cumprimos o trámite. De Vermeer nin me acordaba. Grazas a unha viaxe que fixemos a New York, visitamos o Metropolitan
http://www.metmuseum.org/
alí entre tanta arte apareceron os cadros de Vermeer. Foi como volver a ver, despois de 15 anos a unha rapaza da escola, da que posiblemente gardes algún baile, ou con sorte algún bico como recordo, Todo iso esquecido, presentase de novo, recuperando unha parte das túas neuronas, que xa fai tempo tiñas desconectadas. Máis dificil e que ela se acorde de tí. Atoparme conVermeer fixome recordar, que posiblemente o meu gusto pola luz, comezaran nos seus cadros. Polo tanto utilizarei este blog personal para rendirlle homenaxe no nome, e para expoñer a miña visión da luz na imaxen fixa e no movemento.
un saudo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario