sábado, 1 de agosto de 2009




Chris Vogado aka Zero dB + Cuco Pino aka Vj Paradigma

Sesión de jazz, hip hop e electrónica mesturado con video experimentación en directo no peche do Curtocircuito
Anfitrión:
Cuco pino
Tipo:
Rede:
Global
Hora de comezo:
Venres, 28 de Agosto de 2009 ás 22:30
Hora da fin:
Sábado, 29 de Agosto de 2009 ás 0:30
Lugar:
Praza da Quintana
Rúa:
Praza da Quintana
Cidade/Vila:
Santiago de Compostela, Spain
Teléfono:
633398333
Correo electrónico:

Descrición 

Un provocativo, innovador e aditivo cóctel de hard jazz, bases electrónicas, ritmos latinos, hip hop e house. Zero dB propón unha mestura sonora a través de técnicas e tecnoloxías novas e vellas, para manter en clímax a pista de baile. En activo dende 2000, editou os seus primeiros traballos (Come party, Click e The snare) no seu propio selo, Fluid Ounce. Realizou numerosas colaboracións reconstruíndo tracks para, entre outros, Truby Trio, Peace Orchestra, Suba, Original Soul Boy, John Kong & Moonstarr, Grupo Batuque, Nicola Conte e Sun Ra. Trala publicación do seu disco Bongos, bleeps & basslines embarcou nun tour para montar festas ao longo de toda Europa e do resto do mundo. Non esquecerás a súa sesión polas maniotas do día seguinte. 
Como ingrediente a esta ensalada musical, Cuco pino (Vj Paradigma, colectivo oruga, quadra) experimentará coa arte visual sobre as bases de Zero dB

http://www.festivaldosabrazos.org/programa.php#28
http://colectivooruga.blogspot.com/

http://www.zero-db.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario